Traballador@s do Servizo Privatizado de Recollida do Lixo do Concello de Redondela

Folga d@s traballador@s da Piscina Municipal
Concentración de traballador@s da Piscina Municipal ante o Concello de Redondela, 21 de decembro do 2.009

O Delegado de Persoal e Prevención, do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, adxudicado a empresa explotadora Urbaser, amosou persoal e publicamente o seu apoio @s traballador@s das instalacións deportivas Piscinas Municipais, así coma de calquer servizo público municipal privatizado, e as súas lexítimas e xustas reivindicacións, asistindo hoxe á concentración convocada diante da Casa do Concello de Redondela, entre as 10:30 ata as 13:00 horas.

Así mesmo fai

un chamento público a tódol@s traballador@s, representantes d@s traballador@s, comités de empresa e sindicatos, en especial aos vinculados a calquera servizo público do Concello de Redondela, a amosar activamente, o seu apoio e solidaridade c@s traballador@s en conflicto, e as súas lexítimas reivindicacións.

Os continuos imcumprimentos, abusos, conflictos laborais, subas das tasas, etc. dos Servizos Públicos adxudicados a empresas privadas, demostra que o Concello de Redondela privatiza os servizos, sen pensar en ningún momento no desamparo no que deixa aos veciños, usuarios e traballadores dos servizos publicos, que son literalmente toureados polas empresas privadas.

Denunciamos que o Concello de Redondela leva máis de 6 anos sen reunir a Comisión de Seguimento dos Servizos Pirvatizados, da que está sendo excluidas as organizacións sindicais e os representantes dos traballadores deses servizos. O Concello de Redondela está a elaborar un novo regulamento para a Comisión de Seguimento dos servizos privatizados, do que sospeitamos será máis restritivo e menos participativo que o actualmente existente.

O Concello de Redondela é un dos concellos, máis privatizadores de servizos públicos. As privatizacións dos servizos públicos, evidencia a deixadez de funcións e imcapacidade dos xestores públicos, funcionarios, e da clase política que voluntariamente se presenta a unhas eleccións, considerandose bos xestores e mellores que os seus adversarios, cousa que a privatización dos servizos é mostra de todo o contrario.
Logo vemos pancartas na sede local do PSOE de Redondela, contra a privatización da sanidade, ou aos representantes locais do BNG, e do PSOE con bandeiras de CCOO, nas manifestacións en Vigo contra a privatización da sanidade.

Denunciamos a irresponsabilidade manifesta de partidos políticos supostamente de esquerdas, coma o PSOE e o BNG de Redondela, en especial do Concelleiro de Facenda do Concello de Redondela, o SR. Emilio González, Presidente da Comisión de Seguimento dos Servizos Públicos, e responsable das negociacións e pactos económicos entre o Concello e as empresas privadas adxudicatarias.

Comments

Veciños de Cedeira e Negros, advirten do perigo dos contenedores ubicados na N-555
Os contenedores na N-550, preto de Ferralla Domíguez, Fortóns, serán trasladados a un novo espazo máis seguro

O pasado xoves, 5 de novembro do 2.009, o xornal Faro de Vigo, facíase eco, na sección comarcal de Redondela, da seguinte queixa dos veciños de Cedeira e Negros, que nos reproducimos logo dunha modesta traducción ao idioma do pais.

Os residentes do entorno da estrada N-555 (Redondela-Peinador) advirten ao Concello do perigo que supoñen os contenedores de carga lataral da recollida do lixo nas marxes do vieiro. Segundo  os veciños, a escasa anchura da calzada en moitos puntos obriga aos peóns a invadir o carril de circulación cando transitan polas marxes da estrada para esquivar os contenedores.

Outra das queixas é que, nalgúns casos, cando se colocan nas inmediacións das portas das leiras e propiedades, reducen a visibilidade dos coches que se incorporan á estrada, e tamén supoñen un risco para os vehículos que circulan polo vieiro pola noite, posto que a iluminación é escasa.

Os residentes desta zona das parroquias de Cedeira e Negros levan varios meses reclamando que se adopten medidas de seguridade na estrada, e citan como prioritaria a construcción de beirarúas, posto que a estrada en moitos tramos é moi estreita e supón un perigo para os peóns que transitan polo vieiro. De feito, en varios puntos apenas poden cruzarse dous camións e moitas casas teñen as súas portas pegadas á estrada, polo que os residentes xoganse a vida cada vez que acceden ou saen das súas vivendas.

Respecto ao recente asfaltado da calzada consideran que provocou que se incremente a velocidade de circulación dos vehículos, polo que exixen ás autoridades municipais que xestionen ante Fomento unha serie de medidas para garantir a seguridade vial.

Outra das demandas d@s veciñ@s é a colocación de bandas reductoras reglamentarias, sobre todo ao seu paso polas zonas máis poboadas, como os barrios de Fortóns e Eirapedriña, así como a instalación de pasos de peóns e a mellora da sinalización tanto horizontal como vertical.

Comments

Compostaxe na casa
Composteiro nunha casa da Telleira (Cesantes)

A Concellería de Medio Ambiente, do Concello de Redondela, organiza, ca participación da empresa privada Integra, dous obradoiros formativos de compostaxe caseiro, de balde e dirixido a todo o público.

Nos obradoiros entregarase gratuitamente un manual de compostaxe na casa, explicando que é, como funciona e porque é a mellor opción a reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos. Así mesmo, ca axuda dun/ha expert@, resolveran dudas do tipo de material que se pode botar e en que cantidades; como construir a morea; outros modelos de composteiro; como recoñecer que o material se está compostando e non podrecendo, etc.

O primeiro obradoiro, celebrouse hoxe, martes, 29 de setembro, entre as 20:00 e as 21:30 hs. no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. O derradeiro obradoiro, terá lugar o vindeiro xoves, 8 de outubro, entre as 20:00 e as 21:30 hs., no Multiusos da Xunqueira de Redondela.

Dende este blog celebramos esta inicitiva de promoción da compostaxe dos residuos orgánicos, máis criticamos a contratación dunha empresa privada, para impartir un obradoiro sobre unha materia tan sinxela como a compostaxe da materia orgánica caseira, pois entendemos que calquera operario de xardinería do Concello debera estar capacitado para impartir ese obradoiro.

Comments

Concentración solidaria ante a Sede de Urbaser
Na imaxe traballador@s de Urbaser concentrados na praza da Farola

Hoxe venres, 3 e xullo do 2009, concentraronse diante da sede de Urbaser, en Redondela, dez traballadores fixos da plantilla, en solidaridade co seu representante sindical.

Ademáis, acudimos con pancartas nas que se podía leer, "A solución non é a represión", Florentino: Non somos kaká nin Ronaldiño, pero temos dignidade", ou Queda quieto que te atropelo: Urbaser", repartironse máis de 300 octavillas, corearonse distintos lemas, contra a represión e acoso sindical, informouse ao pe de rúa á cidadanía, e leuse publicamente un manifesto.

O representante dos traballadores, amosouse moi satisfeito ca resposta unitaria dos traballadores, e agradeceu, a mostras de apoio e interese de traballador@s e veciñ@s.

@s traballador@s repetiran as concentracións, e accións de denuncia da hostilidade continua, a que os somete constantemente a dirección de Urbaser en Redondela.

Comments

Melloras do Convenio Colectivo, propostas polos traballadores a Urbaser
Sede de Urbaser na praza da Farola de Redondela (1º piso, enriba do Bazar Chino)

O pasado 29 de maio do 2.009, @s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, presentábamos as seguintes propostas de mellora do Convenio Colectivo, ante a empresa privada concesionaria do Servizo e o Concello de Redondela. Ata a data non obtivemos resposta algunha do Concello, e logo de un mes de espera, hoxe 30 de xuño do 2.009, recibimos a convocatoria de Urbaser da Mesa de Negocición Colectiva, que se reunirá o vindeiro mércores, 8 de xullo do 2.009, ás 10:00 hs. na sede de Urbaser, sita na rúa Juán Manuel Pereira, 6, 1º, de Redondela.

As melloras propostas pol@s traballador@s, dos artigos do convenio son . . .

Artigo 2.- Duración e vixencia
O Convenio terá unha duración de dous anos a contar, do 1 de xaneiro do 2.009 ata o 31 de decembro do 2.010. Non obstante seguirase aplicando . . . (idem)

Artigo 8.- Descanso

Eliminar o prágrafo 3º do convenio anterior: "Todo traballador que se atope en situación de Incapacidade Temporal por enfermidade común ou accidente, disfrutará o primeiro día de descanso na semana posterior á súa reincorporación ao traballo"

Artigo 9.- Vacacións

Articular a posibilidade de fraccionar as vacacións en quincenas. O aboamento das mesma en ningún caso, será inferior aos días efectivamente traballados.

Artigo 10.-Licencias
Aumentar un día de licencia retribuida no caso de matrimonio de fill@s, se é fora da provincia e polo nacemento de net@s.

2.- Asistencia a consultorios médicos

Eliminar o parágrafo que di: "Co fin de axilizar os trámites, a empresa disporá do parte adecuado que deberá ser solicitado polo traballador previo á consulta e deberá ser entregado ao día seguinte. A ausencia de este parte implicará a perda do día de traballo."

Artigo 12.- Roupas de Traballo

Denominarase este artigo como "Roupas e ferramentas e traballo". Incluir bloks de partes diario de traballo e avaría (con copia para o traballador eo delegado de Prevención).

Artigo 17.- Saude Laboral

Elección dun Delegado de Prevención e Riscos Laborais, distinto ao Delegado de Persoal.

Artigo 22.- Incrementos Salariais

Establecerase os seguintes incrementos salariais:

1.- Ano 2.009, IPC+1%

2.- Ano 2.010, IPC+5%

Artigo 24.- Pagas Extraordinarias

@s traballador@s percibirán no día 10 de setembro unha 4ª paga, na contía dunha mensualidade de salario base de convenio, máis a antigüidade, no seu caso. Dita paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador estivera en situación de IT durante o período de devengo de dita paga.

Artigo 29.- Xubilación

Chegar a un acordo en incorporara premios anticipados por xubilación. A empresa facilitará a xubilación parcial nos termos establecidos na Lei.

Outras condicións

En compensación polo maior esforzo realizado para o normal desenrolodos ervizo, os días seguintes a domingos e festivos, percibirase en ditos días un Plus de Productividade que será o que se especifica nas táboas salariais (2´33€/día).

Os traballadores dunha mesma categoría rotarán polas distintas rutas do servizo, evitando a monotonía e ampliando o coñecemento e bo uso de todos os percorridos, maquinaria, etc. Así mesmo, os traballadores da mesma categoría, e de distinta quenda (mañá/noite), poderán cambiar entre eles, voluntariamente, as quendas, previa comunicación á empresa detallando claramente por escrito as condicións e a aceptación do cambi, polas partes.

Asignarase a cada traballador, un número ou clave persoal para a súa identificación interna.

Dereitos lingüisticos e Normalización do Galego

@s traballador@s, teñen dereito a desenvolver a súa actividade laboral e profesional en lingua galega, como lingua propia de Galiza (artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía), e a recibir formación lingüistica para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores, fomentarán o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións.

A empresa adxudicataria do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela apliacará o disposto na Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no Concello de Redondela, aprobada polo Pleno do Concello, en sesión de data o 31 de xullo de 1.998 (BOP, nº 196, do 9 de outubro do 1.998).

Comments

Convenio Colectivo 2.007/2.008
CONVENIO COLECTIVO PARA OS TRABALLADORES DO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO DO CONCELLO DE REDONDELA ADSCRITOS A EMPRESA URBASER, S.A.

BOP Nº 116 — Martes 17 junio 2008

ARTIGO 1.—AMBITO DE APLICACIÓN

O presente Convenio ColectiVo afecta a todo o personal do Servizo de Recollida do lixo do Concello de Redondela adscritos a empresa Urbaser, S.A.

ARTIGO 2.—DURACIÓN E VIXENCIA

O presente Convenio terá unha duración de dous anos, a contar do 1 de xaneiro do 2007 ata o 31 de decembro do ano 2008. No obstante seguirase aplicando ata a sinatura do novo Convenio que o sustitúa.

Entrará en vigor no momento da súa sinatura. O presente Convenio considerase automáticamente denunciado unha vez rematada a vixencia prevista, sen necesidade de preaviso algún.

ARTIGO 3.—CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio, teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores verbo do presente convenio, subsistirán para aqueles que as veñen disfrutando, pero sen que poidan interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, teñan que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

ARTIGO 4.—ABSORCIÓN

As melloras económicas contidas no seu conxunto no presente convenio compensarán ou absorberán aquelas melloras que se teñan producido voluntariamente e que veñan así calificadas na nóminas polas empresas dende a sinatura do último.

ARTIGO 5.—COMISIÓN MIXTA PARITARIA

Estarán formada por 2 representantes da parte económica e 2 da parte social. Ambas partes poderán contar con asesores e se reunirán a instancia de calquiera delas, cantas veces sexa necesario debendo celebrarse a reunión dentro das 72 horas seguintes a convocatoria.

As súas funcións serán:

a) Interpretación da totalidad das cláusulas deste convenio.

b) Estudio e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior a entrda en vigor do presente convenio que puidesen afectar ó seu contido.

c) Cantas outros actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflitos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

ARTIGO 6.—INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN

As dúbidas e diverxencias que poidan xudir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas a comisión mixta paritaria antes de presentar a reclamación pertinente no organismo competente.

A comisión mixta deberá emiti-lo o seu informe nun prazo máximo de 72 horas, a partires da celebración da reunión.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lei.

CONDICIONS DE TRABALLO

ARTIGO 7.—XORNADA LABORAL

Establécese unha xornada anual de 1.575 horas de traballo efectivo, que corresponden a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluidos 20 minutos de bocadillo).

A xornada de traballo do servicio de recollida distribúese de luns a sábado, os días 24 y 31 de decembro non se realizará o servicio de recollida.

Establécense as seguintes quendas de traballo:

1º.—Mañá - das 06:00 horas as 13:00 horas

2º.—Noite - das 23:00 horas as 06:00 horas

Será causa modificativa a decisión administrativa establecida polo Concello de Redondela nos supostos de forza maior.

ARTIGO 8.—DESCANSO

Os traballadores disfrutarán de un día de descanso semanal, rotatorio, para o que a empresa elaborará o correspondente calendario de libranzas con carácter mensual. Este día de descanso aboarase igual que un día efectivamente traballado.

Se o día de descanso coincidera con un festivo, a empresa comunicará ó traballador, con unha semana de antelación, o día en que disfrutará o descanso dentro da mesma semana, sen que esta modificación varíe o turno establecido.

Todo traballador que se atope en situación de Incapacidade Temporal por enfermidade común ou accidente , disfrutará o primeiro día de descanso rotatorio na semana posterior a sua reincorporación ó traballo.

Os traballadores no caso que desexen cambia-lo día de disfrute, entre personal da mesma categoría, deberán solicita-lo a empresa por escrito con unha semana de antelación. Calquera outra variación deberá ser autorizada por escrito pola empresa.

ARTIGO 9.—VACACIONS

1. Todo o persoal afectado polo presente convenio disfrutará de 30 días ininterrumpidos de vacacións anuais retribuidas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

2. As vacacións disfrutaranse durante os meses de xullo e agosto. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable que non sexa nin Sábado, Domingo, festivo ou día de descanso. A rotación de cada ano establecerase a través dun sorteo público.

3. Os traballadores da mesma categoría profesional poderán cambiar entre sí a súa quenda de vacacións, previa notificación a empresa.

4. Aboamento das mesmas , farase en función do salario base do convenio, antigüedade, plus de transporte (mais 6 días) e plus tóxico.

O plus de transporte aboaranse a prorrata do tempo traballado durante o ano. Se abonará, durante o periódo vacacional anual, o prorrateo devengado dos tres últimos meses de plus nocturno, para aqueles traballadores que o viñeran disfrutando.

5. A empresa podrá conceder o persoal que o solicite o disfrute das vacacións fora do período establecido neste convenio.

6. Os traballadores que con anterioridade ó período vacacional se encontren en situación de IT, terán dereito ó disfrute das mesmas sempre que causen alta antes de finaliza-lo ano natural en curso.

7. Empresario sainte dunha contrata adxudicada a outra empresa, estará obrigada a liquidar a parte proporcional que lles corresponda ós/as traballadores/as no concepto de vacacións.

ARTIGO 10.—LICENCIAS

1.—LICENCIAS

Previa solicitude dos traballadores afectados considerase licencia retribuida polo tempo e nos casos seguintes:

— matrimonio do traballador/a: 18 días naturais

— divorcio: 3 días

— matrimonio de pais, pais políticos, fillos ou parente que convivan co traballador: 1 día natural

— nacemento de fillo: 5 días laborais

— Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización do conxuxe, pais, fillos (tanto de consanguinidade como afinidade): 5

días naturais.

— Falecemento, accidente, enfermidade grave ou hospitalización de avós, irmáns, netos, (tanto de consanguinidade como afinidade) :

4 días naturais.

Se entre o traballador e os parentes anteriormente detallados houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorriría se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra de praza.

a) Falecemento de tío: 1 día natural. Se existira convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia sería de 2 días naturales

b) Traslado de domicilio: 2 días laborais

c) Os/as traballadores/as que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito

a un permiso retribuido do tempo necesario para concurrir a exámenes, previa comunicación do traballador/a á Dirección da

Empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

As referencias que os apartados d) é e) do presente artigo fan á cónxuxe e o cónxuxe respectivamente, entenderanse feitos, aismesmo, ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada conviva co traballador/a.

Igualmente o traballador, solicitandoo coa debida antelación, terá dereito a disponer de ata quince días de permiso repartidos nun máximo de dúas veces ó ano, non retribuidas pola empresa.

2.—ASISTENCIA A CONSULTORIOS MÉDICOS

Tódoslos/as traballadores/as terán dereito a unha licencia retribuida polo tempo necesario para asistir a consultorios médicos.

O/a traballador/a que teña que acudir a un consultorio médico estará obrigado a avisar anticipadamente á empresa, debendo xustificar, por outra parte, que foi atendido polo facultativo correspondente, a xustificación será válida cando incorpore como mínimo a seguinte información:

— Nome do paciente

— Hora de entrada da consulta

— Hora de saída da consulta

— Lugar da atención

— Nome, firma e selo do facultativo..

Co fin de axilizar os trámites, a empresa disporá do parte adecuado que deberá de ser solicitado polo traballador previo a consulta e deberá de ser entregado o día seguinte . A ausencia de este parte implicará a perda do día de traballo.

Así mesmo, terán dereito a asistir a consultorio médico con fillos menores ou fillos minuválidos calquera que sexa idade, cun máximo de tres veces ó mes.

Este punto será de aplicación sempre que a sua xornada laboral coincida co horario da consulta médica, co horario da súa cónxuxe, compañeiro ou compañeira. Os procesos de rehabilitación non

terán a consideración de consulta médica a efectos do dereito regulado neste punto.

ARTIGO 11.—INCAPACIDADE TEMPORAL

No caso de I.T., derivada de accidente laboral ou enfermedade profesinal, a empresa completará ata o 100% salario real dende o primeiro día de baixa.

Do mesmo modo complementarase o 100% de salario real dende o primeiro día, en caso de accidente in itinere, entendendo como tal, aquel que producese durante o desprazamento entre o domicilio habitual e o centro de traballo, sempre e cando o accidente que derive o feito cusante se produzca nunha hora (60 minutos) antes do inicio da xornada e ó rematar a mesma.

No caso de IT, derivada de caso de enfermidade común ou accidente non laboral a empresa complementará según a seguinte escala:

1. A empresa complementará o 100% de salario real dende o primeiro día de baixa do ano.

2. A empresa complementará o 100% de salario real dende o décimo quinto día para a segunda baixa do ano.

3. A empresa complementará o 100% de salario real dende o vixésimo primer día para a terceira e sucesivas baixas do ano.

ARTIGO 12. ROUPAS DE TRABALLO

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e incluirán a entrega de dous chalecos reflectantes.

A empresa facilitará cada 2 anos as seguintes prendas.

CONDUCTORES

ROUPA DE INVIERNO         ROPA DE VERÁN

2 pantalóns                      2 pantalóns

2 camisas                         2 camisas

1 par de calzado                1 par de calzado

1 anorak                           1 xersei

1 roupa de augas

1 cazadora

1 gorra

2 xerseis

PEÓNS

ROUPA DE INVIERNO           ROPA DE VERÁN

3 pantalóns                         2 pantalóns

2 camisas                            2 camisas

1 par de calzado                   1 par de calzado

1 par de botas de auga          1 xersei

1 anorak

1 roupa de auga

1 gorra

2 xerseis

1 cazadora

Tres pares de guantes omes e un de reserva no camión.

A roupa de verán entregarase o longo do mes de Maio e a roupa de invierno entregarase o longo do mes de outobro.

Cando realizando o traballo a roupa se rompa ou quede inservibel a empresa cambiará por outra nova previa entrega da prenda deteriorada.

CONDICIONS SOCIAIS

ARTIGO 13.—POLIZA DE SEGURO

A empresa suscribirá unha póliza de seguros que garantice as seguintes indemnizacións :

a.—No caso de defunción por accidente laboral ou accidente profesional 18.000 €.

b.—No caso de incapacidade permanente total para a profesión habitual derivada de accidente laboral ou accidente profesional 15.000 €.

c.—No caso de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional 20.000 €.

Ós efectos de este título considerase accidente de traballo e enfermedade profesional o sufrido con ocasión da prestación dos servicios para a empresa, incluindo cando se produza “ in itínere”.

O titular deberá designar obligatoriamente ante a empresa e por escrito, os seus propios beneficiarios.

ARTIGO 14.—BOLSA CANCELACION DIFERIDA

A empresa comprometese á citación dun fondo de 5.000 Euros ., para aqueles traballadores que o necesiten poidan solicitar anticipos de cancelación diferida nas seguintes condicións:

A cantidade máxima que poderase anticipara por traballador non poderá exceder de 1.000 Euros. Ditos anticipos deberán solicitarse dentro dos 5 primeiros días hábiles de cada mes, facendo a concensión unha vez aprobada pola Comisión Paritaria o día 15 do mes no que se solicita.

O anticipo será cancelado nun prazo máximo de doce meses retendose dos haberes mensuais de cada traballador os importes dos distintos vencementos.

A primera retención farase efectiva no mes seguinte naquel no que se concede o anticipo.

Se o traballador antes da total cancelación do anticipo causare baixa na empresa sexa o motivo, descontaraselle da liquidación que poidera corresponderlle a cantidade que lle quedara pendente de amortizar. No suposto que no alcanzase o traballador se compromete a liquidar a cantidade pendente nun praxo máximo de dous meses a contar dende a data pendente da baixa.

ART. 15.—EXCEDENCIAS

1. Traballador con alomenos unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñezca unha excedencia voluntaria de

cuatro meses a cinco anos. A empresa reservará o posto de traballo ó traballador en dita situación, concertando o efecto o contrato de

interinidade ou sustitución correspondente.

2. Se a excedencia fora solicitada por un prazo inferior a cinco anos, o traballador poderá, previa comunicación a empresa, prorrogar dita anualmente ate conquerir os cinco anos. O traballador avisará é empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación o seu posto de traballo.

3. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador unha vez transcurridos catro anos dende o remate da anterior exdecencia.

4. En todo o non previsto neste artigo estaráse o establecido con carácter xeral no artigo 46 do estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

ARTIGO 16.—COBERTURA POLA RETIRADA DO CARNE DE CONDUCIR

No suposto da retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptará ó conductor afectado, a outro posto de traballo conservando a súa categoría e salario durante o prazo que dure a retirada do permiso de conducir este artigo será de aplicación no suposto de que a infracción que derive a retirada do permiso de conducir se produzca do desenrolo das funcions que lle foran encomendadas. Estes beneficos non terán lugar cando a infracción que derive da retirada do permiso de conducir, sexa debida a embriaguez, drogadicción ou exista reincidencia. Ó remate da retirada do permiso de conducir, será reintegrado a súa anterior categoría e posto de traballo.

O resto das categorías que desempeñan as labouras de conductor, rexiránse por este artigo.

ARTIGO 17.—SAUDE LABORAL

Dada a importancia que se recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo adicado a saúde laboral. E considerando de obrigada aplicación ambalas dúas partes a lexislación sobre saúde laboral a tal efecto, elexirase un delegado

de prevención, co obxeto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como a posta en práctica do estipulado na lei 31/95, do 8 de Novembro de prevención de riscos laborais.

ARTIGO 18.—MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE

A Dirección da empresa adoptará as médidas de seguridade e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar de traballo e as instalacións e instrumentos que pon a disposición dos traballadores.

As medidas de prevención afectarán igualmente os traballadores obrigandose a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instrumentos de traballo atopense en perfectas condicións debendo por en coñecemento do delegado de prevención, ou no seu defecto do delegado de persoal todalas anomalías que se detecten para que polo mesmo adopténse as médidas oportunas.

ARTIGO. 18 BIS.—FUNCIÓN DO DELEGADO DE PREVENCIÓN

1) As funcións do delegado de prevención serán as seguintes:

a) Promove-la observancia da diposicións vixentes para la prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas e estimula-lo-ensino, divulgación, propaganda de saúde laboral e Riscos Laborais,

fundamentalmente do representante dos traballadores.

2) A empresa facilitará os medios de propaganda que considere necesarios a traverso do delegado de prevención a fin de que todo o persoal estea o día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de saúde laboral ou prevención de riscos laborais.

ARTIGO 19.—RECOÑECEMENTO MÉDICO E VACINACIÓN

Anualmente farase a tódolos traballadores un recoñecemento médico de carácter obrigatorio. O recoñecemento médico consistirá como mínimo en:

— Audiometría

— Control da vista

— Análise da sangue

— Análise de orina

— Espiremetría

— Exploración clínica

O resultados do recoñecemento médico entragaranse o traballador

A campaña de vacinación consistirá como mínimo no seguinte:

— vacina contra o tétanos

— vacina contra a hepatite B con análise de sangue previo

— vacina contra a gripe

DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 20. ACCIÓN SINDICAL E GARANTÍAS DE CARGOS SINDICAIS

En todo o relacionado con este tema estarase o disposto nos artigos 61 e seguintes do estatuto dos Traballadores, determinándose que cando un representante legal deba saís da empresa para execer funcións de representación deberá comunicalo á mesma o día anterior, salvo situacións excepcionais que se terán que xustificar posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos Organismos Oficiais ou da central Sindical correspondente.

A representación dos traballadores corresponde o delegado de persoal.

O mesmo terá as garantías e competencias establecidas no artigo 64 do E.T. Do mesmo xeito seralle de aplicación as normas sobre sixilo profesional establecidas no artigo 65 do E.T.

Ante posible modificiacións sustanciais das condicións de traballo efectuadas pola empresa, o amparo do establecido nos artigo 40 y 41 do E.T. a empresa notificará o delegado de persoal para que nun

prazo de tres días presente as alegacións en dereito estime oportunas antes do preaviso ó traballador afectado. No caso de presentación ou non de alegacións, o empresa actuará conforme no establecido na lexislación vixente.

Será obrigatorio colocar un taboleiro de anuncios para información sindical que se axustará o disposto no E.T.

Así mesmo, o delegado de persoal disporá dun crédito de 21 horas sindicais mensuais retribuidas para realizar o seu cometido debendo xustificalas adecuadamente así como solicita-la cunha antelación

mínima de 25 horas salvo casos excepcionais que poderá solicitarlas fora do prazo establecido.

CONDICIONES SALARIAIS

ARTIGO 21. SALARIOS

As retribicións correspondientes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fixanse nas táboas salarias anexas para os anos 2007 y 2008.

O abono dos salarios deberá efectuarse o derradeiro día hábil de cada mes.

Os recibos de nómina deberán ser entregados no centro de traballo.

O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa. O salario base devengarase por día natural.

ARTIGO 22. INCREMENTOS SALARIAIS

Establécense os seguintes incrementos salariais:

1.—Ano 2007.—Incremento salarial do IPC real sobre as taboas definitivas 2006 incrementado en un 1% (a empresa comprométese a non reclamar o punto aboado a conta).

2.—Ano 2008.—Incremento salarial do IPC real que consistirá no IPC previsto do ano 2008 con claúsula de revisión salarial ó IPC real do 2.007 incrementado en un 1%.

As taboas salariais pertinentes elaboraránse a finais a principios de ano unha vez coñecidos os IPC reais e o novo IPC previsto, incluindo xa o 1% a maiores de revisión. A tal fin reunirase a comisión paritaria para a realización das mesmas.

Os atrasos salariais, caso de existir, aboaranse na nómina de Febreiro de cada ano, con efectos retroactivos a un de Xaneiro do ano anterior.

ARTIGO 23.—PLUS DE ANTIGUEDADE

A partires do 1 de xaneiro do ano 2002, deixará de devengarse o deslizamento de antiguedade anual, conforme as táboas existentes no ano 2001. Por tal motivo, crearase un plus chamado de antiguedade consistente na cantidade que a data de firma do Convenio, viñeran disfrutando cada un dos traballadores.

Todolos traballadores que alcancen 3 anos de antiguedade na empresa, e non tiveran cobrado antiguedade, terán dereito o abono do citado plus de antiguedade por importe dun trienio. A cantidade

mensual quedará reflexada en taboas.

ARTIGO 24.—PAGAS EXTRAORDINARIAS

O personal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondientes a xullo e nadal, na contía, cada unha delas, dunha mensualidade de salario base do convenio máis plus de antigüedade, no seu caso.

Ditas pagas extraordinarias de xullo e nadal percibiránse na súa integridade, independientemente de que a traballador tivera estado en situación de IT durante o período de devengo de cada unha delas, as pagas de xullo e do nadal aboaranse entre os días 10 e 20 dos respectivos meses.

Igualmente percibirán no día 10 de marzo unha paga, na contía dunha mensualidade de salario base de convenio, máis a antigüidade, no seu caso. Dita paga haberá de referirse o ano natural anterior, aboándose a prorrata dos días traballados. Non obstante o anterior, esta paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador/ a estivera en situación de IT durante o período de devengo de dita paga.

Establécese en sustitución do denominado plus antiabsentismo unha 4ª paga para todo o persoal por importe para os anos 2007 e 2008 de 250 euros cada ano, que se aboará no mes de setembro.

O devendo da paga farase de xaneiro a decembro do ano en curso.

ARTIGO 25.—PLUS TRANSPORTE

Os traballadores percibirán un plus transporte nas cantidades e días reflexadas na táboa salarial.

ARTIGO 26.—PLUS DE TOXICIDADE, PERIGOSIDADE

Os traballadores percibirán un plus toxicidade e perigosidade nas cantidades e días reflexadas na táboa salarial .

A partir do 01/01/2006 o plus Tóxico supondrá unha porcentaxe do 22% do salario base.

ARTIGO 27.—PLUS DE NOCTURNIDADE

Os traballadores percibirán un plus de nocturnidade nas cantidades e días reflexadas na táboa.

A partir do 01/01/2002 o plus nocturno supondrá unha porcentaxe do 25% do salario base.

ARTIGO. 28.—FESTIVOS TRABALLADOS

A comisión paritaria elaborará unha lista de traballadores que de xeito voluntario acepten traballar un festivo, cando coincidan dous consecutivos, sempre que non sexa un Domingo o día a traballar.

Aquel traballador que , incluido na lista, non se presente no traballo, quedará automáticamente eliminado de ela. Este festivo traballado terá unha retribución de 60 €ou se compensará en outro día de

descanso a elección do traballador. Esta cantidade verase reflexada na nómina como “complemento festivo” e será cotizable.

ARTIGO 29.—XUBILACIÓN

Os/as traballadores/as que cumpran e idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse a modalidade de xubilación determinada no Real Decreto Lei 14/1981 do 20 de Agosto e real decreto 1194/85, estando as empresas obrigadas a contratar simultáneamente no lugar sa/o xubilado/a outro traballador/a que sexa titular de derito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove demandante de rpimeiro emprego, tal y como

dispoñen as normas citadas.

Quedará pendiente para o vindeiro convenio chegar a un acordo en incorporar premios anticipados por xubilación.

ARTIGO 30.—ANTICIPOS

O persoal que o solicite por escrito terá dereito a percibir un anticipo a conta do traballo realizado durante a mensualida na que a solicita, por importe máximo ate un 80% do salario devengado.

Os anticipos concederanse o día 18 de cada mes solicitados con alomenos 24 horas de antelación.

OUTRAS CONDICIÓNS

ARTIGO 31.—ADSCRICION DO PERSONAL

O obxeto de contribuir e garantir o principio de estabilidade no emprego, a absorción do personal entre quens se sucenden, mediante calisques das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arredamento de servicios ou de outro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente artigo e seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquer modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade u organismo público.

a) En todo-los supostos de remate, perda, rescisión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a sustitución entre entidades, personas físicas ou xurídicas que levan a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa sainte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia a realizar o servicio, respetando esta os dereitos e obrigacións que disfruten na empresa

sustituida. Produciráse a mencionada subrogación de personal sempre que se dea algún dos seguinte supostos:

1) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios na contrata cunha antiguedade minima dos catro ultimos meses anteriores ó remate efectivo do servicio, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade o citado período de catro meses, houberan traballado noutra contrata.

2) Traballadores/as , con dereito a reserva do posto de traballo, que no momento do remate efectivo da contrata teñan unha antiguedade minima de catro meses na mesma e se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3) Traballadores/as que con contrato de interinidade, sustituirán a algún dos traballadores nomeados no apartado segundo, con independencia da súa antiguedade e mentres dure o seu contrato.

4) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporarán á contrata de servicios publicos como consecuencia

dunha ampliación , nos catro meses anteriores ó remate daquela.

5) Traballadores que sustituan a outros que se xubilen, habendo cumplido 64 anos dentros dos catro derradeiros meses anteriores

ó remate efectivo da contrata e teñan unha antiguedade minima na

mesma dos catro meses anteriores á xubilación, sempres que esta esté pactada en convenio colectivo estatutario de ambito

inferior, en virtude do R.D. 1191/85, do 17 de Xullo.

b) Todolos supostos anteriormente contemplados, deberán acreditarse verídica e documentalemente pola empresa ou entidade pública saínta á entrante, mediante os documentos que se detallan no artigo 30 no prazo de dez dias habiles contados dende o momento en que , ben a empresa entrante, ou a sainte, comunique

veridicamente a outra empresa o cambio na adxudicacion do servicio.

c) Os traballadores que non disfrutaran as vacaciones reglamentarias ó producirse a subrogacion as disfrutarán coa nova adxudicataria do servico, que soio abonara a parte proporcional do periodo que a ela corresponda, xa que o abono do outro periodo corresponde o anterior adxudicatario, que deberá facelo na correspondente liquidacion.

d) A aplicación de este artigo será de obrigado cumplimento para as partes a que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente o traballador.

Se o cliente rescindira a contrata a unha empresa para deixar de prestar o servicio, o realiza-lo por si mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

DIVISIÓN DE CONTRATAS

No suposto de que unha ou varias contratas cuia actividade ven sendo desenrolada por unha ou distintas empresas ou entidades publicas se fragmente ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios ó obxeto de seu posterior adxudicación , pasarán a

ser adscritos o novo titular aqueles traballadores que houberan realizado seu traballo na empresa sainte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, cun periodo minimo dos catro derradeiros meses, sexa cal fora a súa modalidade de contrato de traballo, e todo elo aún cando con anterioridade houbesen traballado noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse asimesmo os traballadores que se atopen nos supostos 2 e 5, ambolos dous inclusive, do artigo 30 e que haxan realizado o seu traballo nas zonas, divisións e servicios resultantes.

AGRUPACIÓN DE CONTRATAS

No caso de que distintas contratas , servicios, zonas ou división de aquelas se agrupen nunha ou varias, a subrogacion do persoal operará respecto de todolos aqueles traballadores que , con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, haxan realizado seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo minimo dos catro meses e todo elo aún cando non anterioridade houberan prestado os seus servicios nas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

OBRIGATORIEDADE

A Subrogación de personal, asi como os documentos a facilitar, operarán en todolos supostos de sustitucion de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou division das mesmas , asi como nas agrupacións que de aquelas poidan efectuarse, aun tratandose das normais sustitucions que se produzcan entre empresas ou entidades publicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e elo aun cando a relacion xuridica se estableza soio entre que adxudica o servicio por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación

de personal, nos termos indicados e elo con independencia tanto da aplicación , no seu caso, do presvisto no artigo 44 do Estatuto dos Traballadores, como da existencia por parte do empresario

sainte de outras contratas alleas á que é obxeto de sucesión.

DOCUMENTOS A FACILITAR POLA EMPRESA SAINTE Á EMPRESA ENTRANTE

A empresa saínte deberá facilitar á entrante os seguintes documentos:

— Certificado dos organismo competente de estar ó corrente no pago á Seguridade Social

— Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados

— Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotizacion a Seguridade Social dos catro últimos meses.

— Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliacioná Seguridade Social, antiguedade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade da súa contratacion e data de disfrute das suas vacacions. Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o perido de mandato do mesmo.

— Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación

— Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, no que se faga constar que este recibiu da empresa sainte a sua liquidacion de partes proporcionais, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.

ARTIGO 32.—ALTAS NA SEGURIDADE SOCIAL

A empresa estará obrigada a entregar os/as traballadores/ as fotocopia da mesma na Seguridade Social , para o que disporá dun prazo de dúas semanas dende a súa incorporación ó traballo.

ARTIGO 33.—ASEMBLEAS

Os traballadores dunha mesma empresa terán dereito a reunirse en asemblea, unha vez ó mes por un temo máximo de duas horas durante a xornada debendo de comunicar á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas, salvo situacións excepcionais de conflicto ou folga, na que bastará con preavisar con 24 horas de antelación

ARTIGO 34.—AXUDA FAMILIAR

Os traballadores afectados por este convenio que teñan ó seu cargo a unha persoa disminuida psíquica ou física, de acordo coas estipulacions requeridas pola Seguridade Social, e previa xustifición , percibirán un complemento extrasalarial de 39,07 € por doce pagas.

ARTIGO 35.—FESTIVO DOS TRABALLADORES

Este día se considera non laborable e se considerará como festivo.

Se o dia coincide en festivo ou en domingo, os traballadores disfrutarán o festivo no dia anterior ou posterior.

Ambas partes acordan instaurar o dia 3 de Novembro, San Martiño de Porres, como festivo dos traballadores de xeito similar a o resto de colectivo.

ARTIGO 36.—PARTES ASINANTES

As partes asinantes do presente Convenio son a representacion dos traballadores, e a Central Unitaria de Traballadores (C.U.T.).

Pola parte empresarial asina Urbaser S.A.

DISPOSICIÓN ADICIONAL I

En todo o non previsto no vixente convenio estarase ó disposto no convenio xeral do sector, Estatuto dos Traballores e demais lexislación vixente na materia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL II

As partes asignantes acordan crear dúas novas categorías correspondentes o peon que , con contrato de peón fai labouras de conductor (vehículos de mais de 3.5 tn) de forma habitual e que pasará a chamarse Peon-conductor e máis a de peon que fai labouras de organización do traballo e toma de decisión cando non están outros mandos da empresa que pasará a chamarse Peon-Xefe de equipo.

Os salarios de estas dúas categorías quedarán determinados polas taboas salariais anexas.

TABOA SALARIAL DEFINITIVA ANO 2006

25%       22%

Salario Base  Transporte Nocturno Pen/Peligroso

Encargado-Conductor        32,06     4,21        8,02      7,05

Peón-Xefe de equipo         26,26     4,21        6,57      5,78

Conductor                   26,26     4,21        6,57       5,78

Peón-Conductor             26,26     4,21        6,57       5,78

Peón                       24,27      4,21         6,07      5,34

Devengo por antiguidade para traballadores que alcancen 3 anos na empresa

Antigüidade consolidada peón 32,76

Antigüedade consolidada conductor 34,93

Comments

A CXT EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PÚBLICOS
Desde hai anos estase desmantelando e privatizando a rede dos servizos públicos, que nos pertencen a todos e todas e que fomos conseguindo tras moito esforzo e loita, tanto da sociedade en xeral como da clase traballadora.

A privatización é un ataque ao noso dereito a dispoñer duns servizos públicos universais e de calidade (municipais, sanitarios, educativos, sociais, transporte, correos, auga, vivenda, comunicacións…) que garantan unhas cotas mínimas de benestar social para a totalidade da poboación.

Os administradores públicos de todas as cores políticas, en complicidade coas empresas e os sindicatos institucionais, pactan día a día, ás agachadas da sociedade e contra os intereses da mesma, a privatización de todos estes servizos públicos en busca de beneficios, converténdoos  nun negocio e deixando de ser un dereito. Esta é a norma do neoliberalismo: os servizos públicos son un sector máis co que gañar cartos, que os pague quen teña diñeiro e o resto da cidadanía que se aguante.

A integración na Unión Europea está significando que se asuman as directivas neoliberais que atacan directamente ao mantemento dos servizos públicos como, por exemplo, a directiva Bolkestein, segundo a que todos os servizos públicos deberán liberalizarse e someterse ás leis do mercado capitalista, ao criterio da competitividade e ao beneficio empresarial. Así, tras unha planificada campaña de desprestixio e deterioro dos servizos públicos, procédese á privatización.

A argumentación para privatizar sempre está baseada na farsa de que o privado funciona mellor que o público, cando a realidade de todo proceso privatizador é a perda de emprego, a precariedade dos novos contratos, o deterioro dos dereitos laborais, sociais e económicos, una maior explotación e o encarecemento para a cidadanía do propio servizo.

Desde a CGT rebelámonos e seguimos loitando por:

Manter e mellorar os servizos públicos e sociais universais e de calidade baixo xestión pública. Recuperar os servizos externalizados e/ou privatizados.

Garantir un acceso obxectivo e transparente ao emprego público, cunhas condicións laborais, sociais e económicas dignas: A igual traballo, igual salario. Erradicación da cada vez máis elevada precariedade laboral nos servizos públicos e sociais.

Recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos polos traballadores públicos, mediante aumentos lineais, e a instauración por lei da cláusula de revisión salarial.

Aumento significativo do gasto e do emprego públicos, e dos servizos sociais e de protección aos colectivos máis desfavorecidos, en contraprestación aos danos sociais orixinados polas políticas neoliberais.

A CGT defende os servizos públicos porque:

Teñen como obxectivo a rendibilidade social, non a económica, e persiguen a satisfacción das necesidades das persoas mentres que o privado busca o beneficio económico do empresario.

Perseguen a protección social e redistribúen a riqueza de forma colectiva mentres que o privado busca o beneficio particular, con mecanismos de falsa eficacia e de competitividade económica. Os servizos públicos garanten dereitos laborais e sociais, una maior xustiza, igualdade e solidariedade social, mentres que desde o privado non hai redistribución social.

Privatizar un servizo público significa recoñecer o fracaso da xestión desa administración pública, polo que a receita é a dimisión deses xestores públicos máis que a privatización.

Comments

Recoñecemento Médico 2.009
Na pasada quenda de noite, do xoves 5 de marzo, e na quenda de mañá, do 6 de marzo do 2.009, os traballadores do Servizo da Recollida do Lixo, recibimos unha comunicación de Urbaser (non asinada), para a realización do recoñecemento médico anual, na que se xustifica o recoñecemento médico en base ao dereito dos traballadores recoñecidos nos artigos 196 e 197 da Lei Xeral da Seguridade Social e o 22 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Pola redacción deste comunicado, podemos entender que os artigos mencionados, recoñecenlle un dereito ao empregador, xa que literalmente dise que os artigos “establecen o deber do empresario de vixiar periodicamente o estado de saude dos seus empregados”

cando máis ben se trata dun dereito dos traballadores, e en realidade debera decirse que o artigo 22.1, da Lei de Prevención de Riscos Laborais, di que, o empresario garantizará aos traballadores ao seu servizo a vixiancia periódica  do seu estado de saude en función dos riscos inherentes ao traballo.

Por outra banda, o comunciado, omite mecionar o artigo 14.5, da Lei de Prevención de Riscos Laborais, que di que o custe das medidas relativas á seguridade e a saude no traballo non deben recaer de xeito algún sobre os traballadores.

No pasado recoñecemento médico do 2.008, o procedemento da empresa foi, ata este momento, idéntico, e logo de reclutar aos traballadores que voluntariamente aceptaban a realización da revisión médica anual, procederon,, sincronizados ca mutua, a convenir as citas de moitos traballadores  coincidindo co seu día de descanso rotativo, correndo desta forma cada traballador co custe, da perdida de descanso e cos gastos de transporte, estacionamento (na cidade de Vigo), aprovisionamento, etc. Os traballadores, coñecedores nese momento dos seus dereitos, nembargantes non manifestaron desacordo, nin reclamaron ningunha cantidade ou compensación.

Pero nesta ocasión, se a mutua e a empresa (ou os seus mandos intermedios) concertan os recoñecementos médicos, fora da xornada laboral de cada un dos traballadores voluntarios citados, e non se compensa, aos traballadores, polos custes ocasionados no translado, estacionamento, etc. ao recoñecemento médico na cidade de Vigo, presentaran as oportunas reclamacións de dietas, gastos, compensacións por tempo de descanso, etc.

O Delegado de Prevención do Servizo solicitou a Urbaser, que se proceda á citación dos traballadores dentro da xornada laboral, e cando así non sexa posible, se compense por descanso o tempo empregado no traslado e recoñecemento, e que en tódolos casos se satisfagan os custes de transporte, estacionamento, aprovisionamento, etc. derivados do recoñecemento, se os traballadores non se trasladasen por conta da empresa.

Comments

Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados
Casa do Concello de Redondela

O pasado, martes, 13 de xaneiro, o representante legal d@s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, adscritos a empresa privada, Urbaser S.A., presentou solicitude de información sobre o funcionamento da Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados, unha listaxe de membr@s de pleno dereito dese órgano participativo municipal e ser convocado ás vindeiras xuntanzas desta Comisión.

A pretensión principal, do representante legal d@s traballadores do Servizo, é que se escoite a voz dos traballadores, neste órgano de participación cidadá, sempre e cando se reuna a comisión  e aborde cuestións relacionadas co Servizo de Limpeza Viaria de RSU. Á data de hoxe, na Comisión, non están tódalas partes representadas, polo menos, non a representación legal dos traballadores deste servizo.

A Comisión de Seguimento do Servizos Privatizados, leva moitos anos sen convocarse (máis de 6), sendo o último responsable e Presidente desta Comisión, o concelleiro, Emilio González Iglésias (PSOE), sendo concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Carlos Pazos Docampo (BNG) e sendo concelleira de Participación Cidadá, Dona Mª Ánxeles Babarro (BNG), o que da unha idea do incumprimento das súas responsabilidades e funcións, e supón a obstrucción da labor de seguimento, control e vixiancia desta comisión sobre os servizos privatizados.

Comments

Benvid@s!
Na imaxe, Traballador@s da Recollida do Lixo, na praza da Porta do Sol, en Vigo, o 1º de maio do 2.008

Ola a tod@s!

Dende o pasado 15 de febreiro do 2.009, @s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, readxudicada a súa explotación, por 20 anos, no pasado Pleno Municipal, do 22 de febreiro do 2.007, á empresa privada Urbaser S.A., @s traballador@s deste servizo, dispoñemos dunha nova ferramenta, de comunicación, información, difusión, relación, ca cidadanía, usuari@s do servizo, axentes sociais, sindicais, culturais, políticos, etc. que esparamos ir construindo entre tod@s.

Un saudo, lixeiro!

Comments