Folga d@s traballador@s da Piscina Municipal
Concentración de traballador@s da Piscina Municipal ante o Concello de Redondela, 21 de decembro do 2.009
O Delegado de Persoal e Prevención, do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, adxudicado a empresa explotadora Urbaser, amosou persoal e publicamente o seu apoio @s traballador@s das instalacións deportivas Piscinas Municipais, así coma de calquer servizo público municipal privatizado, e as súas lexítimas e xustas reivindicacións, asistindo hoxe á concentración convocada diante da Casa do Concello de Redondela, entre as 10:30 ata as 13:00 horas.
Así mesmo fai
un chamento público a tódol@s traballador@s, representantes d@s traballador@s, comités de empresa e sindicatos, en especial aos vinculados a calquera servizo público do Concello de Redondela, a amosar activamente, o seu apoio e solidaridade c@s traballador@s en conflicto, e as súas lexítimas reivindicacións.
Os continuos imcumprimentos, abusos, conflictos laborais, subas das tasas, etc. dos Servizos Públicos adxudicados a empresas privadas, demostra que o Concello de Redondela privatiza os servizos, sen pensar en ningún momento no desamparo no que deixa aos veciños, usuarios e traballadores dos servizos publicos, que son literalmente toureados polas empresas privadas.
Denunciamos que o Concello de Redondela leva máis de 6 anos sen reunir a Comisión de Seguimento dos Servizos Pirvatizados, da que está sendo excluidas as organizacións sindicais e os representantes dos traballadores deses servizos. O Concello de Redondela está a elaborar un novo regulamento para a Comisión de Seguimento dos servizos privatizados, do que sospeitamos será máis restritivo e menos participativo que o actualmente existente.
O Concello de Redondela é un dos concellos, máis privatizadores de servizos públicos. As privatizacións dos servizos públicos, evidencia a deixadez de funcións e imcapacidade dos xestores públicos, funcionarios, e da clase política que voluntariamente se presenta a unhas eleccións, considerandose bos xestores e mellores que os seus adversarios, cousa que a privatización dos servizos é mostra de todo o contrario.
Logo vemos pancartas na sede local do PSOE de Redondela, contra a privatización da sanidade, ou aos representantes locais do BNG, e do PSOE con bandeiras de CCOO, nas manifestacións en Vigo contra a privatización da sanidade.
Denunciamos a irresponsabilidade manifesta de partidos políticos supostamente de esquerdas, coma o PSOE e o BNG de Redondela, en especial do Concelleiro de Facenda do Concello de Redondela, o SR. Emilio González, Presidente da Comisión de Seguimento dos Servizos Públicos, e responsable das negociacións e pactos económicos entre o Concello e as empresas privadas adxudicatarias.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario