Veciños de Cedeira e Negros, advirten do perigo dos contenedores ubicados na N-555
Os contenedores na N-550, preto de Ferralla Domíguez, Fortóns, serán trasladados a un novo espazo máis seguro
O pasado xoves, 5 de novembro do 2.009, o xornal Faro de Vigo, facíase eco, na sección comarcal de Redondela, da seguinte queixa dos veciños de Cedeira e Negros, que nos reproducimos logo dunha modesta traducción ao idioma do pais.
Os residentes do entorno da estrada N-555 (Redondela-Peinador) advirten ao Concello do perigo que supoñen os contenedores de carga lataral da recollida do lixo nas marxes do vieiro. Segundo os veciños, a escasa anchura da calzada en moitos puntos obriga aos peóns a invadir o carril de circulación cando transitan polas marxes da estrada para esquivar os contenedores.
Outra das queixas é que, nalgúns casos, cando se colocan nas inmediacións das portas das leiras e propiedades, reducen a visibilidade dos coches que se incorporan á estrada, e tamén supoñen un risco para os vehículos que circulan polo vieiro pola noite, posto que a iluminación é escasa.
Os residentes desta zona das parroquias de Cedeira e Negros levan varios meses reclamando que se adopten medidas de seguridade na estrada, e citan como prioritaria a construcción de beirarúas, posto que a estrada en moitos tramos é moi estreita e supón un perigo para os peóns que transitan polo vieiro. De feito, en varios puntos apenas poden cruzarse dous camións e moitas casas teñen as súas portas pegadas á estrada, polo que os residentes xoganse a vida cada vez que acceden ou saen das súas vivendas.
Respecto ao recente asfaltado da calzada consideran que provocou que se incremente a velocidade de circulación dos vehículos, polo que exixen ás autoridades municipais que xestionen ante Fomento unha serie de medidas para garantir a seguridade vial.
Outra das demandas d@s veciñ@s é a colocación de bandas reductoras reglamentarias, sobre todo ao seu paso polas zonas máis poboadas, como os barrios de Fortóns e Eirapedriña, así como a instalación de pasos de peóns e a mellora da sinalización tanto horizontal como vertical.


Chúzao
del.icio.us
Logo da adxudicación do servizo, no pasado pleno municipal, do 22 de febreiro do 2.007, en agosto do mesmo ano, empezouse a colocación do sistema de recollida do lixo con camións e contenedores de carga lateral, a cirterio dos mandos intermédios de Urbaser Redondela, e sen a realización dun estudio previo, nin establecemento de ningunha medida de seguridade polo Concello de Redondela, nin a empresa concesionaria. Dende entón a empresa ven de realizar a actualización do Plan de Riscos Laborais, sen que no mesmo se considere a perigosidade da ubicación dos contenedores para traballadores, usuarios, e peóns.
Algúns destes contenedores, están a provocar accidentes de tráfico, cos conseguintes prexuizos para os conductores e sendo denunciado pola propia Policía Local de Redondela, a perigosidade dalgúns deles.
O pasado 14 de xuño, a Delegación de Prevención de Riscos, solicitou axuda e colaboración da empresa para estudar a ubicación dos contenedores de carga lateral, presentandose o seu Delegado de Prevención nas instalacións da empresa o pasado 20 de xuño, co fin de realizar a inspección e estudo, a empresa solicitou a presenza da Policía Nacional, para evitar a presenza e inspección do Delegado de Prevención, nas instalacións de Urbaser, cousa que non puido inpedir ao estar amparado na Lei de Prevención de Riscos Laborais, ainda que si impediu o estudo da ubicación dos contenedores ao non permitir o acceso do Delegado de Prevención aos camións de carga lateral. En próximas datas, a Delegación de Prevención de Riscos e Accidentes Laborais, exixirá a actualización do Plan de Prevención no referido a este punto exixindo medidas correctoras e reubicación dos contenedores.
Delegación de Prevención — 15-11-2009 - 18:44:27 GMT 1