Compostaxe na casa

Fonte imaxe: La Voz de Galicia
A Concellería de Medio Ambiente, do Concello de Redondela, organiza, ca participación da empresa privada Integra, dous obradoiros formativos de compostaxe caseiro, de balde e dirixido a todo o público.
Nos obradoiros entregarase gratuitamente un manual de compostaxe na casa, explicando que é, como funciona e porque é a mellor opción a reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos. Así mesmo, ca axuda dun/ha expert@, resolveran dudas do tipo de material que se pode botar e en que cantidades; como construir a morea; outros modelos de composteiro; como recoñecer que o material se está compostando e non podrecendo, etc. O primeiro obradoiro, celebrouse hoxe, martes, 29 de setembro, entre as 20:00 e as 21:30 hs. no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. O derradeiro obradoiro, terá lugar o vindeiro xoves, 8 de outubro, entre as 20:00 e as 21:30 hs., no Multiusos da Xunqueira de Redondela. Dende este blog celebramos esta inicitiva de promoción da compostaxe dos residuos orgánicos, máis criticamos a contratación dunha empresa privada, para impartir un obradoiro sobre unha materia tan sinxela como a compostaxe da materia orgánica caseira, pois entendemos que calquera operario de xardinería do Concello debera estar capacitado para impartir ese obradoiro.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario