Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Melloras do Convenio Colectivo, propostas polos traballadores a Urbaser

lixeiro @ 21:34

dsc09923.JPG

                                   Sede de Urbaser na praza da Farola de Redondela (1º piso, enriba do Bazar Chino)

O pasado 29 de maio do 2.009, @s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, presentábamos as seguintes propostas de mellora do Convenio Colectivo, ante a empresa privada concesionaria do Servizo e o Concello de Redondela. Ata a data non obtivemos resposta algunha do Concello, e logo de un mes de espera, hoxe 30 de xuño do 2.009, recibimos a convocatoria de Urbaser da Mesa de Negocición Colectiva, que se reunirá o vindeiro mércores, 8 de xullo do 2.009, ás 10:00 hs. na sede de Urbaser, sita na rúa Juán Manuel Pereira, 6, 1º, de Redondela.

As melloras propostas pol@s traballador@s, dos artigos do convenio son . . .

Artigo 2.- Duración e vixencia
O Convenio terá unha duración de dous anos a contar, do 1 de xaneiro do 2.009 ata o 31 de decembro do 2.010. Non obstante seguirase aplicando . . . (idem)

Artigo 8.- Descanso

Eliminar o prágrafo 3º do convenio anterior: "Todo traballador que se atope en situación de Incapacidade Temporal por enfermidade común ou accidente, disfrutará o primeiro día de descanso na semana posterior á súa reincorporación ao traballo"

Artigo 9.- Vacacións

Articular a posibilidade de fraccionar as vacacións en quincenas. O aboamento das mesma en ningún caso, será inferior aos días efectivamente traballados.

Artigo 10.-Licencias
Aumentar un día de licencia retribuida no caso de matrimonio de fill@s, se é fora da provincia e polo nacemento de net@s.

2.- Asistencia a consultorios médicos

Eliminar o parágrafo que di: "Co fin de axilizar os trámites, a empresa disporá do parte adecuado que deberá ser solicitado polo traballador previo á consulta e deberá ser entregado ao día seguinte. A ausencia de este parte implicará a perda do día de traballo."

Artigo 12.- Roupas de Traballo

Denominarase este artigo como "Roupas e ferramentas e traballo". Incluir bloks de partes diario de traballo e avaría (con copia para o traballador eo delegado de Prevención).

Artigo 17.- Saude Laboral

Elección dun Delegado de Prevención e Riscos Laborais, distinto ao Delegado de Persoal.

Artigo 22.- Incrementos Salariais

Establecerase os seguintes incrementos salariais:

1.- Ano 2.009, IPC+1%

2.- Ano 2.010, IPC+5%

Artigo 24.- Pagas Extraordinarias

@s traballador@s percibirán no día 10 de setembro unha 4ª paga, na contía dunha mensualidade de salario base de convenio, máis a antigüidade, no seu caso. Dita paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador estivera en situación de IT durante o período de devengo de dita paga.

Artigo 29.- Xubilación

Chegar a un acordo en incorporara premios anticipados por xubilación. A empresa facilitará a xubilación parcial nos termos establecidos na Lei.

Outras condicións

En compensación polo maior esforzo realizado para o normal desenrolodos ervizo, os días seguintes a domingos e festivos, percibirase en ditos días un Plus de Productividade que será o que se especifica nas táboas salariais (2´33€/día).

Os traballadores dunha mesma categoría rotarán polas distintas rutas do servizo, evitando a monotonía e ampliando o coñecemento e bo uso de todos os percorridos, maquinaria, etc. Así mesmo, os traballadores da mesma categoría, e de distinta quenda (mañá/noite), poderán cambiar entre eles, voluntariamente, as quendas, previa comunicación á empresa detallando claramente por escrito as condicións e a aceptación do cambi, polas partes.

Asignarase a cada traballador, un número ou clave persoal para a súa identificación interna.

Dereitos lingüisticos e Normalización do Galego

@s traballador@s, teñen dereito a desenvolver a súa actividade laboral e profesional en lingua galega, como lingua propia de Galiza (artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía), e a recibir formación lingüistica para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores, fomentarán o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións.

A empresa adxudicataria do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela apliacará o disposto na Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no Concello de Redondela, aprobada polo Pleno do Concello, en sesión de data o 31 de xullo de 1.998 (BOP, nº 196, do 9 de outubro do 1.998).

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>