Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A CXT EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PÚBLICOS

lixeiro @ 19:30

Desde hai anos estase desmantelando e privatizando a rede dos servizos públicos, que nos pertencen a todos e todas e que fomos conseguindo tras moito esforzo e loita, tanto da sociedade en xeral como da clase traballadora.

A privatización é un ataque ao noso dereito a dispoñer duns servizos públicos universais e de calidade (municipais, sanitarios, educativos, sociais, transporte, correos, auga, vivenda, comunicacións…) que garantan unhas cotas mínimas de benestar social para a totalidade da poboación.

Os administradores públicos de todas as cores políticas, en complicidade coas empresas e os sindicatos institucionais, pactan día a día, ás agachadas da sociedade e contra os intereses da mesma, a privatización de todos estes servizos públicos en busca de beneficios, converténdoos nun negocio e deixando de ser un dereito. Esta é a norma do neoliberalismo: os servizos públicos son un sector máis co que gañar cartos, que os pague quen teña diñeiro e o resto da cidadanía que se aguante.

A integración na Unión Europea está significando que se asuman as directivas neoliberais que atacan directamente ao mantemento dos servizos públicos como, por exemplo, a directiva Bolkestein, segundo a que todos os servizos públicos deberán liberalizarse e someterse ás leis do mercado capitalista, ao criterio da competitividade e ao beneficio empresarial. Así, tras unha planificada campaña de desprestixio e deterioro dos servizos públicos, procédese á privatización.

A argumentación para privatizar sempre está baseada na farsa de que o privado funciona mellor que o público, cando a realidade de todo proceso privatizador é a perda de emprego, a precariedade dos novos contratos, o deterioro dos dereitos laborais, sociais e económicos, una maior explotación e o encarecemento para a cidadanía do propio servizo.

Desde a CGT rebelámonos e seguimos loitando por:

Manter e mellorar os servizos públicos e sociais universais e de calidade baixo xestión pública. Recuperar os servizos externalizados e/ou privatizados.

Garantir un acceso obxectivo e transparente ao emprego público, cunhas condicións laborais, sociais e económicas dignas: A igual traballo, igual salario. Erradicación da cada vez máis elevada precariedade laboral nos servizos públicos e sociais.

Recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos polos traballadores públicos, mediante aumentos lineais, e a instauración por lei da cláusula de revisión salarial.

Aumento significativo do gasto e do emprego públicos, e dos servizos sociais e de protección aos colectivos máis desfavorecidos, en contraprestación aos danos sociais orixinados polas políticas neoliberais.

A CGT defende os servizos públicos porque:

Teñen como obxectivo a rendibilidade social, non a económica, e persiguen a satisfacción das necesidades das persoas mentres que o privado busca o beneficio económico do empresario.

Perseguen a protección social e redistribúen a riqueza de forma colectiva mentres que o privado busca o beneficio particular, con mecanismos de falsa eficacia e de competitividade económica. Os servizos públicos garanten dereitos laborais e sociais, una maior xustiza, igualdade e solidariedade social, mentres que desde o privado non hai redistribución social.

Privatizar un servizo público significa recoñecer o fracaso da xestión desa administración pública, polo que a receita é a dimisión deses xestores públicos máis que a privatización.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>