Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Recoñecemento Médico 2.009

lixeiro @ 00:37

Na pasada quenda de noite, do xoves 5 de marzo, e na quenda de mañá, do 6 de marzo do 2.009, os traballadores do Servizo da Recollida do Lixo, recibimos unha comunicación de Urbaser (non asinada), para a realización do recoñecemento médico anual, na que se xustifica o recoñecemento médico en base ao dereito dos traballadores recoñecidos nos artigos 196 e 197 da Lei Xeral da Seguridade Social e o 22 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Pola redacción deste comunicado, podemos entender que os artigos mencionados, recoñecenlle un dereito ao empregador, xa que literalmente dise que os artigos “establecen o deber do empresario de vixiar periodicamente o estado de saude dos seus empregados”
cando máis ben se trata dun dereito dos traballadores, e en realidade debera decirse que o artigo 22.1, da Lei de Prevención de Riscos Laborais, di que, o empresario garantizará aos traballadores ao seu servizo a vixiancia periódica do seu estado de saude en función dos riscos inherentes ao traballo.

Por outra banda, o comunciado, omite mecionar o artigo 14.5, da Lei de Prevención de Riscos Laborais, que di que o custe das medidas relativas á seguridade e a saude no traballo non deben recaer de xeito algún sobre os traballadores.

No pasado recoñecemento médico do 2.008, o procedemento da empresa foi, ata este momento, idéntico, e logo de reclutar aos traballadores que voluntariamente aceptaban a realización da revisión médica anual, procederon,, sincronizados ca mutua, a convenir as citas de moitos traballadores coincidindo co seu día de descanso rotativo, correndo desta forma cada traballador co custe, da perdida de descanso e cos gastos de transporte, estacionamento (na cidade de Vigo), aprovisionamento, etc. Os traballadores, coñecedores nese momento dos seus dereitos, nembargantes non manifestaron desacordo, nin reclamaron ningunha cantidade ou compensación.

Pero nesta ocasión, se a mutua e a empresa (ou os seus mandos intermedios) concertan os recoñecementos médicos, fora da xornada laboral de cada un dos traballadores voluntarios citados, e non se compensa, aos traballadores, polos custes ocasionados no translado, estacionamento, etc. ao recoñecemento médico na cidade de Vigo, presentaran as oportunas reclamacións de dietas, gastos, compensacións por tempo de descanso, etc.

O Delegado de Prevención do Servizo solicitou a Urbaser, que se proceda á citación dos traballadores dentro da xornada laboral, e cando así non sexa posible, se compense por descanso o tempo empregado no traslado e recoñecemento, e que en tódolos casos se satisfagan os custes de transporte, estacionamento, aprovisionamento, etc. derivados do recoñecemento, se os traballadores non se trasladasen por conta da empresa.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>