Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados
Casa do Concello de Redondela
O pasado, martes, 13 de xaneiro, o representante legal d@s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, adscritos a empresa privada, Urbaser S.A., presentou solicitude de información sobre o funcionamento da Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados, unha listaxe de membr@s de pleno dereito dese órgano participativo municipal e ser convocado ás vindeiras xuntanzas desta Comisión.
A pretensión principal, do representante legal d@s traballadores do Servizo, é que se escoite a voz dos traballadores, neste órgano de participación cidadá, sempre e cando se reuna a comisión e aborde cuestións relacionadas co Servizo de Limpeza Viaria de RSU. Á data de hoxe, na Comisión, non están tódalas partes representadas, polo menos, non a representación legal dos traballadores deste servizo.
A Comisión de Seguimento do Servizos Privatizados, leva moitos anos sen convocarse (máis de 6), sendo o último responsable e Presidente desta Comisión, o concelleiro, Emilio González Iglésias (PSOE), sendo concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Carlos Pazos Docampo (BNG) e sendo concelleira de Participación Cidadá, Dona Mª Ánxeles Babarro (BNG), o que da unha idea do incumprimento das súas responsabilidades e funcións, e supón a obstrucción da labor de seguimento, control e vixiancia desta comisión sobre os servizos privatizados.


Chúzao
del.icio.us
Xuntaran á comisión de seguimento, cando teñan un problema co servizo nos seus domicilios. Que carallo lle importa a eles que o servizo funcione ou non!!!
o Xan das Pipas — 24-02-2009 - 22:57:16 GMT 1
Felicitacions a lixeiro polo blog creado, tes moita razon en plantexar a necesidade de que os traballadores poidan participar no control do servicio .Asi poderan ser mais felices e vagos do que son .Dalles caña o gordo , o calvo, e o cubano de merda.Que eses viven coma marajas e non pegan chapa.
pepiño o portugues — 25-02-2009 - 14:33:57 GMT 1
O pasado luns, 9 de marzo do 2.009, por vía telefónica, e ao mediodía, o Concello de Redondela convocou a algúns colectivos veciñais, co único motivo de constituir a Comisión de Seguimento de Servizos Privatizados, para hoxe, martes, 10 de marzo do 2.009, día da Clase Traballadora Galega, ás 20:00 hs.. Descoñecemos a totalidade de colectivos convocados: A o acto asitiron, unha representante da A.VV. de Ventosela (Domitila), un representante da A. VV. de Chapela (Guillermo Fontán), e un representante da Federación de asociacións de veciños, usuarios e consumidores de Redondela "San Simón". Tamén asistiron por parte dos partidos políticos, Rosa Costas, polo BNG, Nolete, polo PSOE, e Alejandro Bastos, polo PG, ademáis de Emilio González, presidente da Comisión e a Secretaria do Concello. Faltou a representante do PP, Paqui Canal.
Polo momento, a representación legal dos traballadores, non recibiu ningunha comunicación do Concello, referente a información solicitada, nin foi convocada á xuntanza da Comisión de Seguimento. Dende o 13 de marzo, a representación legal dos traballadores, tense desprazado ata seis veces ao Concello para interesarse pola información solicitada. A última resposta oficial dunha funcionaria, ao respecto, é que "tiña orde de non facilitar ningunha información mentres, non lle deran orde de facilitala", "Que non era, que non nola quixeran dar, senón que nola darían cando recibiran orde de darnola". AMEN
Víctor Manuel — 10-03-2009 - 22:35:19 GMT 1