Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xuño 2009

Melloras do Convenio Colectivo, propostas polos traballadores a Urbaser

lixeiro 30/06/2009 @ 21:34

dsc09923.JPG

                                   Sede de Urbaser na praza da Farola de Redondela (1º piso, enriba do Bazar Chino)

O pasado 29 de maio do 2.009, @s traballador@s do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, presentábamos as seguintes propostas de mellora do Convenio Colectivo, ante a empresa privada concesionaria do Servizo e o Concello de Redondela. Ata a data non obtivemos resposta algunha do Concello, e logo de un mes de espera, hoxe 30 de xuño do 2.009, recibimos a convocatoria de Urbaser da Mesa de Negocición Colectiva, que se reunirá o vindeiro mércores, 8 de xullo do 2.009, ás 10:00 hs. na sede de Urbaser, sita na rúa Juán Manuel Pereira, 6, 1º, de Redondela.

As melloras propostas pol@s traballador@s, dos artigos do convenio son . . .

Ler máis »

Convenio Colectivo 2.007/2.008

lixeiro 30/06/2009 @ 21:20

CONVENIO COLECTIVO PARA OS TRABALLADORES DO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO DO CONCELLO DE REDONDELA ADSCRITOS A EMPRESA URBASER, S.A.

BOP Nº 116 — Martes 17 junio 2008

ARTIGO 1.—AMBITO DE APLICACIÓN

O presente Convenio ColectiVo afecta a todo o personal do Servizo de Recollida do lixo do Concello de Redondela adscritos a empresa Urbaser, S.A.

ARTIGO 2.—DURACIÓN E VIXENCIA

O presente Convenio terá unha duración de dous anos, a contar do 1 de xaneiro do 2007 ata o 31 de decembro do ano 2008. No obstante seguirase aplicando ata a sinatura do novo Convenio que o sustitúa.

Entrará en vigor no momento da súa sinatura. O presente Convenio considerase automáticamente denunciado unha vez rematada a vixencia prevista, sen necesidade de preaviso algún.

Ler máis »